Webinar “Liderado e xestión de persoas nas organizacións: Perspectivas globales”

xoves, Xuño 20, 2024 - 09:00

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa División de PTORH do Consejo General de la Psicología organizan o Webinar “Liderado e xestión de persoas nas organizacións: Perspectivas globales”, que se celebrará o día 20 de xuño de 2024 a través da plataforma de Zoom.

Tratarase dun encontro que reunirá a expertos de México, Colombia e España para discutir como están enfrontando os desafíos actuais nos seus respectivos países e compartir boas prácticas que poden ser aplicadas en contextos multiculturais.

Inscríbete directamente de maneira gratuíta en:

https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_m817-ZirRKaY4zRfDJ_L1Q

Programa

Cartel