Carlos Montes, vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións fala acerca das dificultades na emancipación na xuventude galega

Carlos Montes Piñeiro, psicólogo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, fala nun artigo sobre as dificultades para a emancipación dos mozos galegos. Comenta que como consecuencia dos baixos ingresos xunto coa ausencia de perspectivas laborais, a xuventude marcha máis tarde da casa dos pais.