Desenvolven unha ferramenta web capaz de detectar o maltrato escolar en 10 minutos

A presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), Manuela del Palacio García, comenta que "Mybullying" pode ser unha valiosa ferramenta para detectar e actuar sobre casos de acoso escolar, aínda que, matiza, son precisos outros recursos para conseguir eliminar este problema das aulas. "Todas as ferramentas e estratexias que teñamos para previr e actuar nestos casos están moi ben, pero desde o COPG tamén reivindicamos a formación sobre acoso escolar de docentes e orientadores escolares. Falta formación porque a xente ponlle ilusión as cousas, pero fai falta algo máis que a voluntade que lle poñas", afirma esta experta, que asegura que as críticas sobre que os centros miran para outro lado nos casos de acoso escolar son "absolutamente falsas". "Os profesionais están moi sensibilizados con este problema", asegura.