A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o curso “Atención Psicolóxica e Social ao/á neno/a, familia e profesionais en coidados paliativos pediátricos”, os días 22e 23 de febreiro de 2019, no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Este curso tivo como obxectivo adquirir a formación teórica e práctica sobre aspectos psicolóxicos e sociais da atención paliativa pediátrica desde unha visión integral, tendo en conta as necesidades do/a paciente, a súa familia e os/as profesionais implicados/a na atención.