A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organizou os días 19 e 20 de xaneiro de 2018 o curso “Introdución á avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual”.
O curso, dirixido preferentemente a profesionais con experiencia previa na temática do curso, foi unha introdución -con coñecementos actualizados- aos trastornos do desenvolvemento intelectual e as estratexias de intervención en persoas adultas. Os asistentes adquiriron coñecementos prácticos sobre o desenvolvemento, adaptación e validación de probas neuropsicolóxicas aplicadas a esta poboación, a avaliación neuropsicolóxica especifica e unha introdución sobre os programas de intervención.