Curso "A primeira entrevista en psicoloxía clínica"

Os días 6 e  7 de xuño celebrouse no Hospital Clínica Universitario de Santiago de Compostela o Curso “A primeira entrevista en Psicoloxía Clínica organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Foi impartido por Yolanda Castro Casanova, Psicóloga Clínica na Unidade de Rehabilitación Psiquiátrica no Complexo Hospitalario de Ourense e coordinador por Luis Carlos Álvarez García, Tesoureiro da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG. O obxectivo do mesmo, foi formar nos aspectos teóricos e prácticos máis relevantes para a axeitada realización dunha primeira entrevista clínica, que aporte información de utilidade para optimizar o proceso de intervención psicolóxica na procura do mellor resultado posible para o paciente.

Momento do curso
Yolanda Castro Casanova
Momento do curso