O 16 de xaneiro, a Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou a IV Edición do Obradoiro “Elaboración de informes periciais e asistencia á vista”.
Neste obradoiro déronse a coñecer as diferentes fases e metodoloxías a seguir para a elaboración dun informe pericial e a defensa do mesmo no xuízo oral; tamén se analizaron os erros máis frecuentes na realización de periciais, que levan a denuncias das mesmas ante as Comisións Deontolóxicas dos Colexios Oficiais.