O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) segue apostando por ofrecer ferramentas innovadoras aos seus colexiados e colexiadas. Neste compromiso coa dixitalización e a optimización do exercicio profesional das/os profesionais da psicoloxía, o COPG asinou un acordo con Eholo, unha plataforma deseñada especificamente para psicólogos/as, que simplifica a xestión de consultas e o seguimento de pacientes.
Unha solución dixital para optimizar a consulta
Grazas a esta colaboración, os/as profesionais da psicoloxía poderán xestionar a súa práctica con maior eficiencia, mellorando a organización das súas consultas e dedicando máis tempo ao esencial: o benestar dos seus e das súas pacientes.
Beneficios exclusivos para as persoas colexiadas do COPG
Os/as profesionais da psicoloxía do COPG poderán gozar dunha serie de vantaxes especiais ao acceder a Eholo, incluíndo:
- Desconto exclusivo na subscrición á plataforma.
- Proba gratuíta para explorar todas as funcionalidades sen compromiso.
- Formacións e webinars prioritarios, con talleres sobre emprendemento en psicoloxía, novas tecnoloxías como a IA, facturación electrónica e xestión de consultas.
- Soporte personalizado, cun equipo especializado en axudar aos/ás profesionais para sacar o máximo partido á plataforma.
Eholo: unha ferramenta integral para profesionais da psicoloxía
Eholo permite centralizar a xestión da consulta nunha soa plataforma, con funcións deseñadas para optimizar o día a día dos/as profesionais:
- Organización eficiente: calendarios sincronizados, videollamadas seguras, xeración de facturas automáticas e xestión administrativa centralizada.
- Seguimento baseado en datos: cuestionarios automatizados, estatísticas e informes detallados para avaliar a evolución dos/as pacientes.
- Mellora da experiencia do/a paciente: reserva en liña de citas e recordatorios automáticos para unha consulta máis organizada.
Un paso adiante na dixitalización da psicoloxía
Esta alianza entre o COPG e Eholo representa unha oportunidade única para que as/os profesionais da psicoloxía modernicen a súa práctica e adopten ferramentas dixitais que faciliten o seu traballo diario.
Como acceder a estas vantaxes?
Se formas parte do COP Galicia e queres empezar a utilizar Eholo, podes reservar una videocamada co equipo de Eholo ou contactar con eles a través de WhatsApp.
Para máis información, visita a web de Eholo.
Dá o salto cara a unha consulta máis áxil e eficiente con Eholo e o COPG!