I Simposium de Innovación Tecnolóxica e Compromiso Social

25/4/2025

O vindeiro sábado 10 de maio, Unión Profesional de Galicia - da que o COPG forma parte - organiza o I Simposium de Innovación Tecnolóxica e Compromiso Social.

Desde o COPG organizamos a mesa "A saúde mental na encrucillada", que abrirá o programa ás 11.00 h, e que coordina Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e Vicepresidenta primeira de Unión Profesional de Galicia. Os participantes da mesa son:

  • Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga clínica do SERGAS 
  • Antía Yáñez, escritora 
  • Hipólito Puente Carracedo, vicedecano e psicólogo educativo 
  • Ma Soledad Agra Tuñas, Deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña
  • Moderadora da mesa: Eliana Martíns, xornalista
Ademais, ao final da xornada farase entrega dos Premios á Excelencia e ao Compromiso Profesional, que desde o COPG acordamos outorgar ao colexiado Rubén Villar Trenco, coordinador do Programa Abramos o Círculo e coordinador da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero.
 
A entrada ás Mesas Redondas é gratuíta. Para a inscrición é preciso contactar coa Secretaría Técnica de Unión Profesional de Galicia ao e-mail secretaria@unionprofesionaldegalicia.org ou chamando ao teléfono 679 486 961.