30/4/2025
Informamos de que foi publicado no BOE do 25 de abril de 2025 a convocatoria de becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2025-2026.
Estas axudas van asociadas a trastornos graves da conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH ou TEA.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o 30 de abril de 2025 ata o 11 de setembro de 2025, ambos inclusive.