O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o ciclo de conferencias en 1ª persoa: “Intervención psicolóxica na Dana de Valencia”, que se celebrará o 31 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
A conferencia será gravada e estará dispoñible para a súa visualización durante 1 mes.
A asistencia e o acceso á gravación é gratuíto.
Importante: Para poder ver a gravación, é necesario enviar previamente o boletín de inscrición, incluso si non podes asistir en directo.
A conferencia ten como obxectivos coñecer o traballo realizado por profesionais da psicoloxía de emerxencias en situacións de crise complexas.
O prazo para facer a inscrición é ata o 26 de maio, pódela facer enviando o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal, ou realizándoa a través da sede electrónica do COPG.