Convenio de colaboración coa Fundación Campus Universitario de Lugo

11/6/2025

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Campus Universitario de Lugo co obxectivo de facilitar o acceso das persoas colexiadas a formación especializada en ámbitos emerxentes da psicoloxía aplicada, como a xestión de persoas baseada en datos (People Analytics).

Grazas a este acordo, as persoas colexiadas no COPG que estean ao corrente das súas obrigas poderán beneficiarse dun desconto do 20 % no importe total da matrícula do Máster en Dirección de Recursos Humanos, Especialidade en People Analytics.

Este programa de posgrao está dirixido a titulados e tituladas universitarias interesadas na xestión de recursos humanos e no uso de ferramentas de análise de datos aplicadas á área de RRHH. A formación busca responder á crecente demanda de profesionais con competencias en tecnoloxías e metodoloxías de análise que melloren a toma de decisións nas organizacións.

Como acceder ao desconto?

Para beneficiarse das condicións preferentes, será necesario presentar un certificado de colexiación expedido polo Colexio cunha antigüidade máxima de 30 días no momento de formalizar a matrícula.

O Colexio comprométese a facilitar a expedición destes certificados, previa solicitude e autorización da persoa interesada.

Para máis información contacta coa Secretaría do Colexio.