X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

16/7/2025

O vindeiro 18 de outubro de 2025, Santiago de Compostela acollerá a X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, baixo o lema: “Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente.”

Esta edición céntrase nun tema de gran impacto social e psicolóxico: o acceso á vivenda para persoas con diagnóstico psiquiátrico. A realidade actual evidencia que as políticas de vivenda dificultan o exercicio deste dereito fundamental, afectando especialmente a persoas en situación de vulnerabilidade. Os prezos inasumibles, a escaseza de vivenda pública e os requisitos cada vez máis excluíntes impiden que moitas persoas poidan acceder a un fogar digno.

Ao longo da xornada, que se desenvolverá en sesións de mañá e tarde, abordaranse estas cuestións mediante tres mesas de relatorios e debates, e celebrarase tamén un acto público de sensibilización social.

En breve, o MGSM fará público o programa completo, así como os detalles sobre o lugar e inscrición.