Enquisa sobre "Saúde laboral da poboación asalariada"

30/6/2025

O Laboratorio de Riscos Psicosociais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a desenvolver unha investigación sobre a "Saúde laboral da poboación asalariada", coa que se busca avanzar no coñecemento sobre como diferentes tipos de demandas laborais afectan á saúde mental e ao benestar das persoas traballadoras.

O obxectivo é analizar como determinadas condicións psicosociais do traballo poden ser percibidas como retos ou como obstáculos, e como esa percepción inflúe no burnout, o engagement, o malestar psicolóxico ou o desempeño laboral.

Para participar neste estudo, aprobado polo Comité de Ética na Investigación da USC (USC 02/2025), podes cubrir a seguinte enquisa anónima e voluntaria, cunha duración estimada de 15 a 20 minutos, dirixida a persoas asalariadas.

Enquisa

Cartel investigación