A sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a segunda edición do curso de educación en neurociencia e abordaxe psicolóxica en dor crónica, debido a gran a acollida que tivo na súa primeira edición.
Celebrarase o sábado 25 de outubro, en modaldiade presencial no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.
O curso ten como obxectivos proporcionar unha compresión actual e integral da dor crónica, desenvolver habilidades prácticas para a intervención e fomentar a educación e empoderamento do paciente.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.