29/10/2025
AFACO celebra os días 27 e 28 de novembro o congreso “30 anos de memoria e esperanza: Avances e desafíos no Alzheimer”, que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña. O encontro contará con expertos de referencia, así como profesionais implicados nos novos tratamentos do Alzheimer.
As inscricións poden realizarse a través do formulario: https://forms.gle/TuDSccX7FduMg8Lr9
Para máis información, está dispoñible o contacto contacto@afaco.es, así como o programa completo.
AFACO anima á maior participación posible neste encontro, que converterá a cidade da Coruña nun punto de referencia para a formación, a investigación e o intercambio de experiencias arredor da enfermidade de Alzheimer.

