Unión Profesional, en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, lanza a terceira edición do Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres. Esta iniciativa gratuíta e online busca ofrecer ás profesionais colexiadas e colexiados as ferramentas necesarias para contribuír á prevención da violencia de xénero.
A inscrición xa está aberta e os cursos poderán realizarse do 12 de novembro de 2025 ao 12 de maio de 2026. O programa consta de cinco cursos certificados de 20 horas cada un.
As cinco formacións son as seguintes:
• Sensibilización para a prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.
• Prevención e actuación ante o acoso, a discriminación e a violencia contra as mulleres na contorna laboral e profesional.
• Prevención das violencias contra as mulleres en contornas sanitarias.
• Prevención das violencias contra as mulleres en contornas xurídicas.
• Prevención das violencias contra as mulleres en contornas sociais.
No Dossier Informativo propoñen itinerarios adaptados a distintos colectivos profesionais.
O Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres responde ao compromiso das profesións colexiadas coa protección dos dereitos das mulleres en clave de dereitos humanos.

