A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o obradoiro "Informe e contrainforme de avaliación da testemuña" que se celebrará o día 13 de decembro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O obradoiro ten como obxectivos comprender as competencias do/a profesional da psicoloxía como perito xudicial, coñecer a responsabilidade ética e profesional do/a psicólogo/a como perito, entender o procedemento de avaliación da memoria de feitos vividos e coñecer o procedemento dun contrainforme dunha proba psicolóxica forense.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 5 de decembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

