Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 17 "Galicia Máxica"

8/5/2025

Lembrámosche que se atopa á túa disposición na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o número 17 do Anuario Psicoloxía e Saúde “GALICIA MÁXICA”  (ISSN: 2444 – 6653),  publicación que edita anualmente a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.

 

Pódese acceder á publicación, premendo no seguinte enlace:

 

https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/publicacions/anuario_17_0.pdf

 

Ademais, se tes interese en solicitar este número impreso, tes dispoñible o boletín para formalizar a reserva. Dito boletín deberá ser enviado, xunto co xustificante de pago do importe do Anuario, á administración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a través de correo electrónico ou correo postal ata o 19 de maio de 2025.

 

O prezo de venda de lanzamento do Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 17 é de:

   Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde: 19 €

   Psicólogos/as colexiados/as: 24 €

   Non colexiados/as: 29 €