Convocatoria: Bolsa para estadía no Colexio Maior San Agustín dirixida a familiares ou persoas con dano cerebral adquirido

14/5/2025

Dano Cerebral Galicia, en colaboración co Colexio Maior San Agustín, convoca unha bolsa destinada a estudantes de novo ingreso na Universidade de Santiago de Compostela (curso 2025/2026) que teñan dano cerebral adquirido ou sexan familiares convivintes dunha persoa con DCA, destinada á estadía universitaria durante o curso 2025/2026, que comeza en setembro.

A axuda cobre o 50% da estadía en réxime de pensión completa no Colexio Maior. O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de maio de 2025.

Máis información e bases completas: Bolsa CMU San Agustín
Contacto: bolsa@danocerebralgalicia.org