Curso Especializado en Avaliación e Intervención en Violencia de Xénero

26/5/2025

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza en Ribeira un Curso Especializado para a Avaliación e Intervención en Violencia de Xénero, que se celebrará do 9 ao 11 de xullo de 2025 no Auditorio Municipal de Ribeira (Rúa Portugal, 3, 15960 Ribeira, A Coruña).

O curso conta coa colaboración e recoñecemento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense.

A matrícula está dispoñible a un prezo reducido de 47,5 euros e as prazas dispoñibles son limitadas, adxudicándose por rigorosa orde de inscrición.

Para máis información ou para realizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do correo electrónico galiciasa@uimp.es.

Programa completo

Máis información