II Xornada de Saúde Mental no Traballo: Reincorporación tras a Incapacidade Temporal

10/11/2025

O Consejo General de la Psicología (COP), a través da División de Psicología del Trabajo, de las Organizaciones y los Recursos Humanos, organiza a II Xornada de Saúde Mental no Traballo, que nesta edición leva por título “Reincorporación ao traballo tras a Incapacidade Temporal”.

O encontro celebrarase o 4 de decembro de 2025, en horario de 09:30 a 13:30 horas, na sede do COP (rúa Conde de Peñalver, 45 – 3ª planta, 28006 Madrid). Ademais, a actividade será retransmitida en streaming para facilitar o seguimento a distancia.

Tanto para a asistencia presencial como para o seguimento en liña é preciso formalizar a inscrición a través do seguinte formulario: https://jornadas.cop.es/PTORH2025/formulario_inscripcion/

Programa completo da xornada