Kit Dixital - Unión Profesional de Galicia e Telefónica España

2/10/2025

En virtude do acordo alcanzado entre Telefónica España e a Unión Profesional de Galicia - da que o COPG forma parte - habilitouse un departamento específico para tramitar a axuda do Kit Digital para todas as persoas colexiadas interesadas. A través desta entidade e con cargo aos fondos europeos, as colexiadas e colexiados do noso colexio profesional poden solicitar o Kit Informático, que inclúe equipos, licenzas e o programa de factura dixital. O valor estimado do kit é de 3.000 euros.

Este programa entrará en vigor o 1 de xullo de 2026 para autónomos e o 1 de xaneiro próximo para empresas.

A oferta estará dispoñible ata o 15 de outubro. Se tes interese, podes contactar con:

Ricardo Iglesias (Telefónica España)
Teléfono: 659 587 119
Correo: ricardo.iglesiasbonel@telefonica.com

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:
Kit Dixital – Unión Profesional de Galicia