O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participa nas xornadas “Saúde mental e mocidade: coidar o presente para construír o futuro”

22/9/2025

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia súmase á iniciativa organizada por Saúde Mental FEAFES Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela con motivo do Día Mundial da Saúde Mental. As xornadas, tituladas “Saúde mental e mocidade: coidar o presente para construír o futuro”, celebraranse o mércores 8 de outubro, de 16:00 a 20:00 horas, no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC.

O encontro pretende ser un espazo aberto e participativo no que se poidan compartir experiencias e reflexións arredor da prevención, coidado e atención á saúde mental na adolescencia e na mocidade. 

A inscrición é gratuíta ata completar aforo e pode realizarse a través deste formulario.

Programa completo do evento.

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia animamos a todas as persoas interesadas a participar nesta xornada, que constitúe unha oportunidade para avanzar no compromiso común coa saúde mental da mocidade e coa construción dun futuro máis consciente, respectuoso e saudable.

Máis información