Solicitude de casos clínicos e comunicacións libres para o Anuario de Psicoloxía e Saúde do COPG

28/4/2020

Poño no voso coñecemento que se abre o prazo para presentar propostas de traballos de xeito aberto para a súa publicación no Anuario Psicoloxía e Saúde en formato de “Casos Clínicos” ou de “Comunicacións Libres”. Estes apartados estarán abertos á participación de todos os colexiados e colexiadas do COPG. 

NORMAS DE PUBLICACIÓN DOS CASOS CLÍNICOS:

Incluiranse descricións dun ou máis casos clínicos que supoñan unha achega ao coñecemento da psicopatoloxía ou da intervención psicoterapéutica.

A extensión máxima do texto será de 6 páxinas, letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo.

A estrutura do Caso Clínico deberá ser a seguinte:

- Título.
- Nome e apelidos dos autores/autoras, centro de traballo e un e-mail de contacto.
- Resumo (150 palabras): en galego ou español, e en inglés.
- Palabras chave: entre 3 e 5, en galego ou español, e en inglés.
- Introdución.
- Datos sociodemográficos.
- Motivo de consulta.
- Obxectivos.
- Intervención.
- Conclusións.
Referencias bibliográficas: segundo a normativa da APA, cun mínimo de 5 e un máximo de 20 referencias bibliográficas.

NORMAS DE PUBLICACIÓN DAS COMUNICACIÓNS LIBRES:

Incluiranse traballos orixinais nos que se describan traballos de investigación ou revisións teóricas de temáticas psicolóxicas, dende un punto de vista clínico ou asistencial.

A extensión máxima do texto será de 15 páxinas, letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo.

A estrutura da Comunicación Libre deberá ser a seguinte:

- Título.
- Nome e apelidos dos autores/autoras, centro de traballo e un e-mail de contacto.
- Resumo (150 palabras): en galego ou español, e en inglés.
- Palabras chave: entre 3 e 5, en galego ou español, e en inglés.
- Introdución.
- Conclusións.
- Referencias bibliográficas: segundo a normativa da APA, cun mínimo de 5 e un máximo de 20 referencias bibliográficas.

O prazo para o envío de traballos remata o 1 de xuño, e estes deben ser enviados ao enderezo de correo electrónico anuario@copgalicia.gal Despois desa data pasarán a ser valorados para a súa incorporación ao Anuario polo Consello de Redacción, que seleccionará ata un total de 4 de entre todos traballos recibidos. Confirmarase ao autor ou autora a súa aceptación ou non e se debe facerse algunha modificación na redacción ao longo do mes de xuño.

Agardamos a vosa participación.

Gabriela Domínguez Martínez
Directora do Anuario Psicoloxía e Saúde