Proclamación definitiva candidatura eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG

25/4/2025

A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 25 de abril de 2025, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, efectuada por esta Comisión o 9 de abril, e non téndose presentado ningunha outra

 ACORDA

 1.- Proclamar con carácter definitivo a candidatura á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia proclamada provisionalmente.

 MARÍA BEGOÑA CASTRO IGLESIAS  (G-3093), presidenta
ANA BELÉN MONTESA LOU  (G-4928), vicepresidenta
MARÍA TERESA LAGO PÉREZ (G-4652), secretaria
CONCEPCIÓN LÓPEZ MARTÍN (G-2981), tesoureira
IRIA CALLEJA BARCIA  (G-3784), vogal
CARLOS AGRA PAZ  (G-5011), vogal
FLORENTINA RIVADULLA TABOADA  (G-7221),vogal

 

2.- Modificar o calendario electoral que quedará da seguinte forma:

 12 de xuño de 2025                   Proclamación definitiva de resultados pola
                                                        Comisión Electoral.
                                                        Comunicación á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de
                                                        Psicoloxía de Galicia.

 En Santiago de Compostela, a 25 de abril de 2025.

 

Luis Carlos Álvarez García
Presidente da Comisión Electoral 

 

Proclamación provisional candidatura

Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Educativa 

Calendario electoral

Normas de voto