Solicitude urxente de profesional especializado en xuventude e saúde mental

17/3/2025

Solicitude URXENTE de profesional especializado en xuventude e saúde mental. 

TRABALLO DE ELABORACIÓN DE CUESTIONARIO, ANÁLISE E CONCLUSIÓNS PARA PROXECTO TEATRAL PARA A LOITA CONTRA O ESTIGMA E A FALA SOBRE O SUICIDIO NA MOCIDADE. 

Empatía Teatro está a levar a cabo un traballo de loita contra o estigma e visibilización dos problemas de saúde mental na mocidade a través do espectáculo teatral “Esas Cousas Marabillosas". www.esascousasmarabillosas.com 

Máis de 7.000 espectadores xa viron o espectáculo dos que más de 2.000 foron mozos/as de centros educativos das provincias de A Coruña e Pontevedra con moito éxito. 

O caso é que querendo ir un paso máis aló con este proxecto, queremos elaborar unha enquisa virtual para recoller a impresión da mocidade e deste modo poder obter información de utilidade tanto de casos de alarma respecto a posibles problemas de saúde mental, como para posibles campañas de concienciación no futuro. 

Preciso de localizar a algún/ha psicólogo/a que nos axude a elaborar esta enquisa con rigor, e despois analizar o resultados e chegar a conclusións, alguén que estea disposto a involucrarse no proxecto para poder orzamentar a súa colaboración e que forme parte da equipa. 

As persoas interesadas poñerse en contacto Elisardo de la Cruz García, Empatía Teatro.

Datos de contacto:

  • Enderezo electrónico: info@empatiateatro.com
  • Tlfn.: 672281928