Terceira edición do programa formativo de Unión Profesional e o Ministerio de Igualdade en prevención da violencia contra as mulleres

19/11/2025

Unión Profesional, en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, lanza a terceira edición do Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres. Esta iniciativa gratuíta e online busca ofrecer ás profesionais colexiadas e colexiados as ferramentas necesarias para contribuír á prevención da violencia de xénero.

A inscrición xa está aberta e os cursos poderán realizarse do 12 de novembro de 2025 ao 12 de maio de 2026. O programa consta de cinco cursos certificados de 20 horas cada un.

As cinco formacións son as seguintes:

•    Sensibilización para a prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.
•    Prevención e actuación ante o acoso, a discriminación e a violencia contra as mulleres na contorna laboral e profesional.
•    Prevención das violencias contra as mulleres en contornas sanitarias.
•    Prevención das violencias contra as mulleres en contornas xurídicas.
•    Prevención das violencias contra as mulleres en contornas sociais.

No Dossier Informativo propoñen itinerarios adaptados a distintos colectivos profesionais. 

Inscrición 

O Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres responde ao compromiso das profesións colexiadas coa protección dos dereitos das mulleres en clave de dereitos humanos.

Ver vídeo do programa