Webinar “Novedades del concurso de Permiso por Puntos (PXP)"

24/6/2025

O sábado 28 de xuño, de 10:00 h a 12:00 h, a División de Psicología del Tráfico y de la Seguridad (PsTyS) do Consejo General de la Psicología celebrará en liña a sesión informativa "Novedades del concurso de Permiso por Puntos (PXP)".

Programa:

•    Presentación da sesión – Eva Muiño
Novas formas de certificación
•    Contextualizando o modelo PXP – Sebastián Sánchez
Protocolo de Intervención Psicolóxica (PIP)
•    Plan de Acción Individual (PAI) – Eva Muiño e Camino Verdugo Reino
Presentación e resolución de dúbidas

Para poder acceder á retransmisión en directo o día do webinar, inscríbete na seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_1UyfzCTnSle-3Ihk7tKu3g#/registration

O COPG quere difundir esta sesión informativa a todos os colexiados e colexiadas para que poidan ter coñecemento das actualizacións e poidan tomar as mellores decisións en canto á súa formación e ao ámbito de intervención.

Se che interesa e aínda non es membro da División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade (PsTyS), podes solicitalo nesta ligazón para facerche membro da PsTyS.