Convenio de Colaboración entre o Banco Sabadell e o COPG

19/9/2024

O 9 de xullo de 2024, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e o Banco Sabadell asinaron un importante acordo de colaboración.

Este convenio entre o COPG e Sabadell Professional/Banco Sabadell permitirá á entidade bancaria facilitar o acceso a unha ampla gama de produtos e servizos financeiros. A través deste acordo, tanto os colexiados como os seus familiares de primeiro grao poderán beneficiarse destas vantaxes exclusivas.

O obxectivo deste convenio é ofrecer mellores solucións financeiras e apoio personalizado aos profesionais da psicoloxía, permitindo un acceso máis doado a ferramentas que lles axuden a mellorar a súa xestión económica.

Máis información

Solucións profesionais