Curso “Introdución ao tratamento baseado na mentalización (MBT) e ao modelo AMBIT”

10/4/2024

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución ao tratamento baseado na mentalización (MBT) e ao modelo AMBIT”, que se celebrará os días 10 e 11 de maio de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos ofrecer unha introdución a diferentes aspectos do modelo MBT e ao modelo AMBIT, así como presentar algunhas ferramentas e técnicas específicas para traballar dende este enfoque e presentar a aplicación do modelo AMBIT co exemplo práctico da súa aplicación no proxecto ECID (Equipo de Intervención Clínica Domiciliaria), implementado en Barcelona desde o 2017.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 30 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa