8/7/2025
A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “O terapeuta centrado no erro. Estratexias para optimizar os resultados en psicoterapia”, que se celebrará o 4 de outubro de 2025, tanto en modalidade presencial en Santiago de Compostela como en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos desenvolver estratexias para establecer fortes alianzas terapéuticas e optimizar os resultados en psicoterapia.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 24 de setembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.