18/7/2024
O Kit Dixital é un programa dirixido a profesionais autónomos e pequenas empresas, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais, mellorando así o seu nivel de madurez dixital.
O axente dixitalizador autorizado, Miguel Maroño, ofrece ás persoas colexiadas do COPG interesadas nesta iniciativa a oportunidade de contar co desenvolvemento do seu sitio web, ademais de ter acceso a un servizo de apoio completo para todos os trámites burocráticos relacionados coa solicitude da subvención e a posterior xustificación.
Se tes interese, envía un correo electrónico ao enderezo copgalicia@copgalicia.gal cos teus datos de contacto (nome, apelidos e número de teléfono) para que o axente dixitalizador se poña en contacto contigo e comezar o proceso para obter a túa subvención do Kit Dixital.