Proclamación definitiva candidatura eleccións Xunta Directiva de PTO do COPG

A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 22 de novembro de 2022, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, efectuada por esta Comisión o 12 de novembro, e non téndose presentado ningunha outra

ACORDA

 1.- Proclamar con carácter definitivo a candidatura á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia proclamada provisionalmente.

CARLOS MONTES PIÑEIRO (G-03367), presidente
JOSÉ ORTUÑO VILURBINA (G-01965)vicepresidente
ANA MARÍA ENTENZA VIDAL (G-02663)secretaria
ANTONIO ESTEBAN FUERTES SAAVEDRA (G-05630)tesoureiro
ANTÍA BLANCO ESPIÑEIRA (G-05446)vogal
JULIO GONZÁLEZ MORANDEIRA (G-01276)vogal
PALOMA RODRÍGUEZ PUIME (G-06303), vogal
NOELIA TURNES BOQUETE (G-06577)vogal
JOSÉ LUIS DOMÍNGUEZ REY (G-00136), vogal

2.- Modificar o calendario electoral que quedará da seguinte forma:

23 de decembro de 2022:
- Asemblea de Socios/as da Sección.

9 de xaneiro de 2023:
- Proclamación definitiva de resultados pola Comisión Electoral.
- Comunicación á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

Luis Carlos Álvarez García
Presidente da Comisión Electoral

Proclamación provisional candidatura
Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

Calendario electoral
Normas de voto