O 6 de febreiro de 2010 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio "Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2010". Este galardón, que terá carácter anual, foi creado pola Xunta de Goberno do Colexio coa fin de distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da profesión.
Neste evento tamén tivemos ocasión de facer un recoñecemento aos/ás compañeiros/as que cumpriron 25 anos de vida colexial de forma ininterrompida.
Achegámonos a Compostela e celebrámolo no entorno incomparable que nos ofreceu o Hostal dos Reis Católicos, marco ideal non só para compartir un xantar, senón tamén para dar un percorrido a través da historia do COPG e perfilar novas expectativas no noso colectivo profesional.
A Xunta de Goberno do COPG acordoru a concesión do Premio Dolores Llópiz. Psicoloxía e Sociedade, na súa edición de 2010, a Don Carlos Varela García, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por ter contribuíndo desde a súa profesión a avanzar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria a través das iniciativas que promove. Con el confluímos os profesionais da Psicoloxía no enfoque da intervención en problemáticas de carácter social.
Fixo entrega a Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada.
Galeria de fotos [accede á páxina]