Achegas da Psicoloxía 2017

venres, Xuño 16, 2017 - 09:00 a 23:00

O 16 de xuño de 2017 celebramos a novena edición do acto Achegas da Psicoloxía en Santiago de Compostela. 

É un encontro anual para todas as persoas colexiadas onde realizamos a entrega do noso galardón , o Premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. Este recoñecemento creouse para distinguir unha persoa, unha institución ou unha asociación pola súa contribución ao desenvolvemento da psicoloxía en calquera dos seus eidos.

Tivo lugar unha conferencia "Nenos, nenas e mozos/as resilientes, unha mirada desde Aldeas Infantiles", na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela co relator Fernando Ferro Ares, psicólogo do Programa de Protección Aldeas Infantiles SOS.

Fíxose entrega do Premio Dolores Llópiz: Pssicoloxía e Sociedade, que este ano o COPG dedica "Pola Infancia", a cal recaeu na Fundación Andrea, co que se pretendeu significar o importante labor que  veñen desenvolvendo pola infancia en Galicia, apoiando as familias dos nenos e das nenas que padecen enfermidades longas ou crónicas.

Efectuouse un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levaban 25 anos de vida colexial.

Neste acto tamén se entregou a distinción de Colexiado de Honra do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a Manuel FIlgueira Lois G-0002, co que se pretendeu enxalzar a dedicación e significar as achegas ao desenvolvemento da nosa profesión.

Galería Achegas da Psicoloxía 2017