Achegas da Psicoloxía 2019

venres, Xuño 7, 2019 - 09:00 a 23:00

O 7 de xuño de 2019 celebramos en Santiago de Compostela unha nova edición do acto "Achegas da Psicoloxía".

É un encontro anual para todas as persoas colexiadas no que realizamos a entrega do noso galardón o Premio Dolores Llópiz «Psicoloxía e Sociedade». Un galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da nosa profesión.

A Xunta de Goberno do COPG acordou outorgar o premio nesta undécima edición a Ángel Carracedo Álvarez, polo seu papel como investigador e divulgador científico o que o sitúa como un referente internacional, así como a súa aproximación humanizada á ciencia e a súa significativa vocación de servizo á comunidade.

Fíxose entrega, así mesmo, do recoñecemento ao Colexiado de Honra, que nesta ocasión a Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG acordou conceder a Miguel Pérez Pereira, co que se quixo significar a súa entrega extraordinaria tanto no desenvolvemento da Psicoloxía en Galicia como ao propio nacemento do Colexio, do que foi o primeiro presidente. 

Como é tradición, tamén se efectuou un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levan 25 anos de vida colexial.

 Galería Achegas da Psicoloxía 2019