O 3 de decembro de 2021 celebrouse no Centro Abanca en Santiago de Compostela a Gala da Psicoloxía Galega. No marco da gala entregóuselle o Premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade a artista galega Uxía Senlle polo seu destacado compromiso social, un referente cultural, vangarda e tradición, e unha das persoas máis queridas e respectadas no panorama intelectual galego; ademais de pola súa defensa a psicoloxía fronte as pseudociencias e o intrusismo.
Previamente á entrega do acto, celebrouse unha conferencia impartida por Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico e ex decano do COPG, sobre os 40 anos da psicoloxía profesional en Galicia, dado que o COPG celebrou o seu 40 aniversario no ano 2020.
Fíxose entrega, así mesmo, do recoñecemento ao Colexiado de Honra, que nesta ocasión a Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG acordou conceder a Elixio Domarco Álvarez, co que se recoñece a súa extraordinaria entrega persoal tanto á institución como ao desenvolvemento da profesión da Psicoloxía en Galicia.
Tamén se fixo entrega do recoñecemento aos colexiados e colexiadas que levaban 25 anos formando parte do COPG e déuselle a benvida aos novos colexiados e colexiadas.