Achegas da Psicoloxía 2022

venres, Maio 20, 2022 - 09:00 a 23:00

O 20 de maio de 2022 terá lugar o acto Achegas da Psicoloxía no que se fixo entrega do Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2022”, galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da nosa profesión. A Xunta de Goberno do COPG acordou outorgar o premio nesta edición ao Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM), polo seu compromiso co coidado da saúde mental da comunidade e a defensa dos dereitos á atención nos servizos públicos.

Fíxose entrega, así mesmo, do recoñecemento á Colexiada de Honra, que nesta ocasión a Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG acordou conceder a María Isabel Pereira Calviño, co que se pretende significar a súa entrega extraordinaria tanto á nosa institución como ao desenvolvemento da profesión da Psicoloxía en Galicia.

Tamén se efectuou un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levan 25 anos de vida colexial, así como a entrega dos I Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira do COPG.

 Galeria Achegas da Psicoloxía 2022