Curso “Aspectos Ético-Deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias" (2ª Edición)

venres, Abril 28, 2023 - 16:30 a sábado, Abril 29, 2023 - 14:00

A Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Aspectos Ético-Deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias" (2ª Edición),  que se celebrará os días 28 e 29 de abril de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O curso pretende acadar os coñecementos dos aspectos ético-deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias: resolución de dilemas éticos, o consentimento informado segundo a idade do/a menor, relacións con pais separados e como proceder, procedemento de actuación cando un dos pais ten aberto proceso xudicial por violencia familiar, intervención e avaliación do menor, confidencialidade, elaboración de informes que cumpran as normas deontolóxicas, o informe clínico contra o informe pericial, problemas coa dualidade de funcións do psicólogo na abordaxe dun caso...

Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 18 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín de inscrición