Formación

O Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o faladoiro “Saúde mental na comunidade xitana: enforque intercultural cara o empoderamento feminino e a promoción do benestar”, que se celebrará o 27 de novembro de 2025 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O faladoiro ten como obxectivos impulsar o enfoque intercultural na intervención con persoas xitanas, para facilitar a promoción da saúde mental e o empoderamento das mulleres a través de testemuños de experiencias persoais xitanas.

Podes inscribirte de maneira gratuíta enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 20 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) organiza o curso “Mediación no contexto empresarial”.

Terá lugar o 28 de novembro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obxectivo deste curso é proporcionar coñecementos teóricos e prácticos, así como ferramentas específicas, que lles permitan intervir de forma efectiva como mediadoras/os na xestión de conflitos internos dentro das empresas.

A inscrición é gratuita ata completar aforo (requírese inscrición previa). 

Programa

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o obradoiro "Informe e contrainforme de avaliación da testemuña" que se celebrará o día 13 de decembro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obradoiro ten como obxectivos comprender as competencias do/a profesional da psicoloxía como perito xudicial, coñecer a responsabilidade ética e profesional do/a psicólogo/a como perito, entender o procedemento de avaliación da memoria de feitos vividos e coñecer o procedemento dun contrainforme dunha proba psicolóxica forense.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 5 de decembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa