O Grupo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o faladoiro “Reflexións sobre a intervención psicolóxica en diferentes contextos culturais”, que se celebrará o 14 de marzo de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O faladoiro ten como obxectivos re-coñecer aspectos cultuais na intervención psicolóxica e valorar posibles recursos para unha abordaxe dende a interculturalidade.
Podes inscribirte de maneira gratuíta enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 7 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.