Formación

A sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a segunda edición do curso de educación en neurociencia e abordaxe psicolóxica en dor crónica, debido a gran a acollida que tivo na súa primeira edición.

Celebrarase o sábado 25 de outubro, en modaldiade presencial no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.

O curso ten como obxectivos proporcionar unha compresión actual e integral da dor crónica, desenvolver habilidades prácticas para a intervención e fomentar a educación e empoderamento do paciente.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a sesión formativa “Avaliación neuropsicolóxica en Centros de Recoñecemento. Novas perspectivas”, que se celebrará o día 18 de outubro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.


O obxectivo desta sesión formativa é seguir profundando no coñecemento teórico/práctico para mellorar as valoracións neuropsicolóxicas no contexto dos centros de diagnóstico psicotécnico, aplicables a todos os ámbitos da mobilidade e outras actividades de risco.


Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 8 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG

 
Programa
Boletín inscrición

A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organiza as súas XXX Xornadas da Sección baixo o título “Recalculando ruta”, que terán lugar en Santiago de Compostela os días 6, 7 e 8 de novembro de 2025.

Despois de 30 anos desde a celebración das primeiras Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, faise necesario realizar un balance sobre a evolución do campo da psicoloxía clínica, tanto desde as súas abordaxes e técnicas como desde a súa propia organización, así como unha reflexión sobre o seu futuro.

Os cambios sociais, as novas modalidades de actuación, os enfoques telemáticos e a aparición da intelixencia artificial supoñen retos que a psicoloxía clínica necesita afrontar.

Por iso mesmo, nestas XXX Xornadas tan especiais, trataremos de debater sobre a necesidade da creación de servizos de Psicoloxía Clínica dentro do Sistema Nacional de Saúde e, do mesmo xeito, sobre a importancia de establecer a especialidade de Psicoloxía Infanto-Xuvenil como unha especialidade vía PIR, cun corpus teórico-práctico e entidade propia. Así mesmo, propómonos realizar, desde unha postura crítica, unha reflexión sobre o papel do diagnóstico e, nalgúns casos, do sobrediagnóstico, con todas as implicacións sociais e éticas que isto implica e abordar as dificultades coas que se encontran os profesionais no traballo con persoas con enfermidades crónicas e/ou terminais.

Podes facer a túa inscrición envinado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 27 de outubro, ou a través da sede electrónica do COPG.

Boletín de inscrición

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “A psicoloxía educativa nos centros escolares: estratexias de intervención con familias, docentes e equipos interdisciplinarios. A escola que escoita”, que se celebrará os días 21 e 22 de novembro en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.

O curso ten como obxectivos:

  • Comprender desde a práctica os fundamentos da escola inclusiva e o papel do/a psicólogo/a educativo/a neste marco.
  • Analizar as relacións e os entrecruzamentos entre psicoloxía e pedagoxía.
  • Reflexionar criticamente sobre o uso do DSM-5 no ámbito escolar.
  • Revisar de maneira crítica as achegas da psicoloxía das emocións para comprender a aprendizaxe e os vínculos na escola.
  • Visibilizar o impacto da saúde mental na comunidade educativa: malestar de educadores/as, alumnado e familias.
  • Fortalecer estratexias de traballo con familias, docentes e equipos interdisciplinarios.
  • Favorecer a construción dun rol activo, crítico e humanista do/a psicólogo/a escolar.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

 

Boletín

Programa