mércores, Abril 17, 2024 - 16:00
O Grupo de Traballo EMDR e Trauma da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o “Encontro sobre Trauma e EMDR. Fisioloxía cerebral, apego e enfoque transdiagnóstico”, que se celebrará o 17 de abril de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O encontro ten como obxectivo divulgar a importancia que ten o trauma na orixe e tratamento dos trastornos mentais.
Podes inscribirte de maneira gratuíta enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 12 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.