Falamos, ciclo de experiencas compartidas do COPG "Estado da Psicoloxía das artes escénicas no noso país"

xoves, Maio 5, 2022 - 20:00 a 21:00

O vindeiro xoves 5 de maio de 2022 ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Tratase da presentación "Estado da Psicoloxía das artes escénicas no noso país". Informarase aos colexiados e colexiadas sobre a Psicoloxía das artes escénicas no noso país, comunicando os movementos xerados nas distintas comunidades autónomas. Tamén se explicará a estrutura do programa mindfulmúsica creado e desenvolto por Conversa Sicoloxía.

Será presentado por María Teresa González Mallo (G-3125), licenciada en Psicoloxía pola USC, experta en sistémica familiar e membro da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia (ATFMG).

Esta sesión forma parte da iniciativa "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG.

Podes inscribirte directamente no seguinte enlace.

Programa [ver pdf]