Formación

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´s da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Aspectos xurídicos e probatorios dos procedementos por Violencia de Xénero”, que se celebrará os días 5, 11 e 12 de abril de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos coñecer as bases e características dos procedementos xudiciais de violencia de xénero, realizar unha aproximación aos aspectos e dificultades probatorias de ditos procedementos, estudar o concepto e as características do delito de maltrato psicolóxico habitual, reflexionar sobre a atención de mulleres vítimas de violencia de xénero inmigradas, ampliar o contido xurídico e actuación procesual con perspectiva de xénero e profundar nos informes realizados dende os Centros de Información á Muller.

Podes inscribirte enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal(link sends e-mail) ata o 1 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Psicoterapia en trauma relacional”, que se celebrará o día 13 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 3 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

O Grupo de Traballo EMDR e Trauma da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o “Encontro sobre Trauma e EMDR. Fisioloxía cerebral, apego e enfoque transdiagnóstico”, que se celebrará o 17 de abril de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O encontro ten como obxectivo divulgar a importancia que ten o trauma na orixe e tratamento dos trastornos mentais.

Podes inscribirte de maneira gratuíta enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 12 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”, que se celebrará os días 19 e 20 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre a situación actual das persoas no espectro do autismo de grao 1 que, ata o momento, pasaron máis desapercibidas e contaron con menos apoios, facilitar claves para a avaliación, diagnóstico e diagnóstico diferencial e coñecer cales son os aspectos máis relevantes no acompañamento e apoio, considerando en ambos casos a perspectiva de xénero e prestando unha especial atención á adolescencia da man de dúas referentes neste ámbito nacional.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 9 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución ao tratamento baseado na mentalización (MBT) e ao modelo AMBIT”, que se celebrará os días 10 e 11 de maio de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos ofrecer unha introdución a diferentes aspectos do modelo MBT e ao modelo AMBIT, así como presentar algunhas ferramentas e técnicas específicas para traballar dende este enfoque e presentar a aplicación do modelo AMBIT co exemplo práctico da súa aplicación no proxecto ECID (Equipo de Intervención Clínica Domiciliaria), implementado en Barcelona desde o 2017.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 30 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”, que se celebrará o día 11 de maio de 2024 na sede co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.

O curso pretende dotar aos participantes dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para comprender, aplicar e promover os principios fundamentais da xustiza restaurativa.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico
copgalicia@copgalicia.gal (link sends e-mail) ata o 1 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG(link is external).

 

Boletín

Programa