Formación

O curso organizado pola Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, celebrarase o 10 de abril en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.

O curso ten como obxectivos:

  • Conformar unha base de coñecemento sólida e baseada na evidencia, acerca do impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia, tanto dende un punto de vista da saúde física e mental, como da convivencia e o neurodesenvolvemento.
  • Sensibilizar aos profesionais do eido da psicoloxía da educación da necesidade de abordar as relacións na contorna dixital e coa contorna dixital, como un dos eixos capitais para o coidado do benestar emocional da rapazada.
  • Dar a coñecer diferentes iniciativas desenvolvidas en España para a promoción do benestar dixital na infancia e na adolescencia.
  • Servir de espazo de reflexión e debate para os/as profesionais da comunidade galega, interesados/as de maneira particular no benestar dixital da mocidade.
  • Identificar oportunidades colectivas que sirvan para poñer en valor o papel da psicoloxía educativa en Galicia, no marco do recen presentado Plan de Benestar Dixital.
  • Desenvolver iniciativas e/ou propostas concretas de colaboración institucional.

Podes facer a túa inscrición de maneira gratuita enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 31 de marzo, ou a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín

Dende o Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos informarvos que o día 28 de marzo se vai celebrar a sesión formativa “Compartindo experiencias en Permiso por Puntos (PXP)” xunto cunha reunión informativa sobre as novidades deste tema, no salón de actos da sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O encontro ten como finalidade realizar unha breve sesión formativa e unha posta en común, así como informar sobre a situación actual neste ámbito e sobre a inminente posibilidade de realizar as novas habilitacións necesarias para intervir nos cursos de PXP.

Así mesmo, preténdese que esta reunión sirva como un espazo de encontro, debate e intercambio entre as e os profesionais que levan anos intervindo neste ámbito.

Por todo isto, animámosvos a todas as persoas colexiadas interesadas —tanto aquelas que levan tempo traballando neste campo como quen se incorporou recentemente— a facer o posible por asistir, co obxectivo de avanzar na organización dun grupo operativo dende o Colexio en relación con este tema.

Achegamos a continuación a información relativa á sesión formativa. No caso de non poder asistir á actividade, tamén existe a posibilidade de acudir unicamente á reunión informativa (de xeito gratuíto), que comezará ás 11:15 horas (pregamos confirmar previamente a asistencia enviado un correo electrónico a copgalicia@copgalicia.gal por cuestións de aforo).

Programa

Boletín