Formación

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Mediación intercultural”, que se celebrará o día 21 de xaneiro de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O curso pretende reflexionar sobre a nosa maneira de encarar a Otredad, coñecer as especificidades teóricas e prácticas da mediación intercultural e exercitarse con instrumentos metodolóxicos da mediación comunitaria intercultural.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín de inscrición cumprimentado ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 16 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín de inscrición

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´S da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Conversacións narrativas na práctica”, que se celebrará os días 27 de xaneiro, 3, 10 e 24 de febreiro e 3 e 10 de marzo de 2022 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. 

O curso ten como obxectivos aprender e practicar as diferentes conversacións terapéuticas da terapia narrativa, desenvolver a capacidade para unha dobre escoita e para a procura de logros extraordinarios, coñecer os diferentes tipos de conversacións narrativas concentrándonos nalgunhas delas para practicalas máis en profundidade e supervisar a práctica profesional dos/as participantes para atender de forma ética e afastada do déficit dos seus consultantes.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín de inscrición

O xoves 2 de febreiro ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG" , na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Trátase da presentación "Análise de intervencións do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia", na que se realizará unha análise das intervencións realizadas polo GIPCE nos casos de morte por suicidio en menores.

Será presentado por Mª Carmen González Hermo, psicóloga colexiada G-3100. Experta en emerxencias e membro do GIPCE desde o ano 2008. Membro do Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do GIPCE e psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias.

Podes inscribirte directamente e de balde en:

https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_19pUutVLRM6wWNjVn-kw-A

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG. 

Este é un ciclo aberto no que podes participar, para compartir mensualmente un webinar sobre unha publicación, un libro, unha investigación, un caso clínico, un programa de intervención psicolóxica.

Programa

O 28 de febreiro e 1, 2 e 3 de marzo vaise celebrar na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e en streaming, una nova edición de "Tempo da Psicoloxía". Dará comezo ás 18:00 horas e celebrarse de maneira presencial na Facultade de Psicoloxía da USC e en formato streaming.

"Tempo da Psicoloxía" é unha actividade divulgativa do ámbito cientifico e profesional na sociedade da psicoloxía, organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Facultade de Psicoloxía da USC, nada en 2019 e que aborda unha temática concreta en  cada edición desde o prisma da psicoloxía, pero en interacción con outros axentes sociais.

Baixo o título "Unha ollada sobre as migracións", ao longo destes días, ofreceranse distintas palestras nas que desde a psicoloxía, se abordarán cuestións relacionadas sobre as migracións.

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Abordaxe das intervencións en emerxencias con menores”, que se celebrará o día 11 de marzo de 2023 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso pretende abordar unha intervención con menores afectados por unha situación de emerxencia e adquirir ferramentas para a xestión do proceso do dó nos menores.

Para a inscrición é necesario enviar o boletín de inscrición cumprimentado ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 1 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa [versión galego]
Boletin de inscrición [versión galego]
Programa [versión castelán]
Boletin de inscrición [versión castelán]

O Máster en Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizan o III Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía, que se celebrará o 28 de marzo de 2023 en horario de 16:30 a 18:30 horas a través da plataforma Zoom.

Neste encontro abordarase o tema sobre innovación en xerontoloxía cos psicoxerontólogos Feliciano Villar, Catedrático de Psicoloxía do Desenvolvemento e Coordinador do Máster na Universitat de Barcelona, e Luis Barros, CEO de Atendo

Tes máis información no programa que figura máis abaixo.

Se é o deu interese, inscríbete de xeito gratuíto enviando un correo electrónico cos teus datos a senior.innovation@usc.es

A data límite de inscrición é o 23 de marzo de 2023.

Cartel
Programa