A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Fundación Marxes e Vínculos organizan o curso “Detección e actuación integral sobre a violencia sexual contra a infancia e a adolescencia”, que se celebrará os días 29 e 30 de setembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.
O curso pretende facilitar un acercamento ao marco xurídico que plantexa a LOPIVI en materia de infancia e adolescencia, transmitir coñecementos sobre desenvolvemento afectivo-sexual en nenos, nenas e adolescentes e as conductas problemáticas e abusivas, ofrecer información sobre a violencia sexual contra a NNA, aprender a detectar a violencia sexual cara a NNA a través dos seus indicadores, promover a prevención da violencia sexual en nenos/as e adolescentes e dar a coñecer pautas de actuación ante a sospeita de violencia sexual.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal(link sends e-mail) ata o 19 de setembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG(link is external).