Curso Intervención en dó traumático con menores

sábado, Febreiro 27, 2021 - 09:30

O vindeiro sábado 27 de febreiro de 2021, celebrarase o curso “Intervención en dó traumático con menores”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en horario de 09:30 a 13:30 horas. 

Trátase dunha formación só para os psicólogos e psicólogas integrantes do GIPCE. 

O curso ten como obxectivo adquirir os coñecementos do dó na infancia e adolescencia e ofrecer pautas que nos permitan desenvolver e mellorar o noso traballo nunha intervención como psicólogos e psicólogas de emerxencias. 

O prazo de inscrición remata o 17 de febreiro de 2021.

Programa e boletín